Friday 03 de May de 2024

Axenda cultural fin de semana en Cariño


CULTURACTIVA PRODUCIÓNS: “PAPAR SEN CANCELAS”.

Sábado 18 de decembro, no Auditorio Municipal, a partir das 19.30 horas.

Espectáculo incluído na Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Entrada de balde. Pódese recoller o convite no LOCAL SOCIAL da CASA DO CONCELLO (Avda. da Paz, 2 – 981 420 206).

Ficha artística:

Elenco: Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei
Dirección: Diego Rey
Xéneros: Comedia, clown e improvisación
Duración: 75 minutos
Público: Adulto
Tipo espectáculo: Adulto
Autores: Xurxo Barcala, Diego Rey, Marta Lado, Avelino González e Jose Prieto
Vestiario: Maquinaria Pesada e Culturactiva Producións
Escenografía: Kukas
Iluminación e son: David Rodríguez
Música: Jerry Noia
Letra cancións: Fran Rei

Sinopse:

Culturactiva ten o pracer de convidarvos a Papar sen Cancelas, un delicioso espectáculo onde poderedes deleitarvos cunha exquisita selección gourmet do mellor humor galego. Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei son tres linguas soltas, linguas hábiles, linguas deslinguadas e, como os mellores menús, linguas para todos os gustos!

Comedia de alta cociña sobre a galeguidade. Reflexión cómica sobre como somos. Porque en Galicia cómese ben, mais rise e fálase aínda mellor! Donas e cabaleiros, papemos sen cancelas. Bo proveito.